Friday 03 de May de 2024

O concerto de verán da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra deste 1 de setembro trasládase ao Elma


Por causa da meteoroloxía deste 1 de setembro, o concerto de verán da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra previsto no Cantón da Leña cambia de localización.

Deste xeito, a sesión trasládase ao teatro cine Elma, ás 21.00 horas.

Trátase da segunda actuación efectuada pola referida banda ao abeiro do ciclo musical para a época estival. Este rematará no día 3, ás 13.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán. Segundo apunta a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, trátase dunha actividade que contribúe a dinamiza-la vida cultural do municipio no final do estío ao tempo que serve dunha maneira atractiva para lle amosar ao público o traballo e talento dos/as músicos/as.

Para asistir non se require a inscrición.